Desde Valdeorras é Viño Enoturismo colaboramos con la Ruta do Viño de Valdeorras en este programa que lleva por nombre «Recorre Valdeorras». Serán 2 rutas de día completo en las que conoceremos muchos lugares de Valdeorras y donde el vino también tendrá su protagonismo.
Os dejamos el programa que ha publicitado la Ruta do Viño de Valdeorras:
Este outono convidámoste a gozar dunha viaxe especial pola comarca coa iniciativa “Percorre Valdeorras”. Trátase dun programa de visitas guiadas que combina patrimonio histórico, natureza e enogastronomía, ofrecendo unha inmersión completa na identidade valdeorresa.
Durante outubro e novembro de 2025 propoñemos dúas rutas culturais e enoturísticas con prazas limitadas e servizo de autobús con recollida nas estacións de O Barco e A Rúa.
Ruta 01 – Sábado, 11 de outubro 2025
Un percorrido polo:
- Camiño de Inverno en Pumares
- Sobradelo e Pontenova
- Éntoma, coa visita á Adega Roandi
- Vilamartín, cunha cata nunha cova tradicional
- A torre medieval de O Castro
Unha ruta que combina historia, tradición vitivinícola e unha experiencia única baixo terra.
Ruta 02 – Sábado, 8 de novembro 2025
Unha viaxe máxica que inclúe:
- O Santuario das Ermidas
- O Castelo de O Bolo
- A monumental Ponte da Cigarrosa en Petín
- A Adega Quinta da Peza en Fontei
- Os lagares romanos de Larouco
Un itinerario que mestura espiritualidade, patrimonio monumental e arqueoloxía vitícola.
Información práctica
- Horario:de 10:30 h a 19:00 h
- Inclúe:transporte en autobús, aperitivos en espazos emblemáticos (Capilla Granja Escuela, Rectoral de Seadur e Restaurante Paladium) e catas comentadas.
- Prezo:30 € por ruta
- Guía:todas as visitas estarán conducidas por un guía oficial de Galicia, especialista na historia e tradición vitivinícola de Valdeorras.
As prazas son limitadas.
Reservas e contacto
- Web: Formulario de inscrición
- Correo: info@rutadelvinovaldeorras.com
- Teléfono/WhatsApp: 604 07 87 53
✦ Ruta do Viño de ValdeorrasCultura, historia e viño no corazón de Galicia
