9/5/2022

As XI Xornadas de Portas Abertas de Valdeorras celebraranse na última fin de semana de maio. Dende a empresa Valdeorras é Viño Enoturismo  organizan dúas actividades, sábado 28 e domingo 29, para coñecer a historia e o mundo do viño en dous puntos da comarca. A continuación tendes as actividades expostas:

A IDADE MEDIA, O ROMÁNICO E O VIÑO GODELLO

Prezo: 15 €/ persoa. Máximo 15 persoas
Duración: 2 horas
Actividade: paseo histórico e cata de dous viños de Adega Godeval
Horario: Sábado 28 maio de 2022, 11 horas.

Descrición da actividade:
A historia da comarca de Valdeorras na Idade Media estivo marcada pola presenza da Orde de Malta nun enclave histórico como a localidade de Xagoaza (O Barco), no coñecido como “Casa Señorial Mosteiro de Xagoaza”. Neste lugar aínda se conservan desa época algúns vestixios da súa presenza ademais de poder admirar unha igrexa con elementos arquitectónicos típicos da época. A actividade continúa coñecendo outra parte da historia da comarca relacionada co viño e o proxecto de recuperación da variedade Godello. Unha das adegas insignia neste proxecto foi Godeval. Faremos visita a viña e a Cova dos Monxes. Neste  punto cataremos dous viños da adega acompañado dun pincho tradicional. 
 
NOTA: Cada participante contará co seu propio medio de transporte para desprazarse ao lugar de inicio da visita en Xagoaza (O Barco).

Onde apuntarse? : 619086326 e no email valdeorrasesvino@gmail.com
 

UN PASEO DA MAN DO POETA FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

Prezo: 15 €/ persoa. Máximo 15 persoas
Duración: 2 horas
Horario: domingo 29 maio 2022, 11 horas

Actividade: paseo enocultural pola localidade de Córgomo (Vilamartin) para coñecer a vida e obra do autor homenaxeado no Día das letras Galegas 2022, Florencio Delgado Gurriarán. Cata de dous viños da Adega Santa Marta (Viñaredo).

Descrición da actividade

O paseo farase por diversos puntos da localidade de Córgomo (Vilamartín), vila natal do poeta Florencio Delgado Gurriarán. Coñeceremos aspectos da súa vida e da súa obra en lugares importantes desta poboación. Rematarase a actividade cunha cata de dous viños de Valdeorras cun pincho. 

NOTA: Cada participante contará co seu propio medio de transporte para desprazarse ata a localidade de Córgomo (Vilamartín de Valdeorras).

Onde apuntarse? : 619086326 e no email valdeorrasesvino@gmail.comos.